On Github gaioso / libera_linux
Facultade de Xeografía e Historia - 21 de decembro de 2016
Rafael Rodríguez Gayoso - @rrgaioso Consorcio CIXUG - cixug.es
©2016 - Rafael Rodríguez Gayoso - CIXUG Libera o teu ordenador con software libre
Esta obra distribúese cunha licenza Atribución-CompartirIgual 3.0 España de Creative Commons. Para ver unha copia da licenza visite http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/es/deed.glLinux é un sistema operativo, unha peza de software que xestiona un ordenador. É parecido a outros sistemas operativos, pero completamente libre. O nome correcto é GNU/Linux, pero coloquialmente soe utilizarse Linux.
Linux non é un produto dunha soa compañía, é o resultado da contribución dun gran número de compañías e grupos de persoas. De feito, o sistema GNU/Linux é un compoñente central, o cal se transforma en moitos produtos diferentes: as chamadas distribucións.
Unha distribución de GNU/Linux, tamén chamada distro, é unha variante que incorpora determinados paquetes de software e configuracións para satisfacer as necesidades dun grupo específico de usuarios. Unha distribución é o modo habitual de instalar GNU/Linux.